Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

martes, 12 de xullo de 2016

Churrusquenciclopedia. Egosolidaria-o

Egosolidaria-o

Substantivo e adxectivo


Palabra formada a partir do prefixo de orixe latina "ego-" (eu, un mesmo) e o adxectivo "solidaria-o" (que presta apoio a quen o necesita por obriga moral).

Significado: persoa que se vangloria de colaborar coa sociedade e gusta de participar en eventos de índole solidaria co único propósito de presentar unha imaxe que non se corresponde coa realidade, pois o seu interese principal é axudarse a si mesma. En obediencia ao seu carácter egoísta, desatende as súas obrigas económicas coa Facenda pública e utiliza calquera clase de artimaña para eludir o pagamento dos impostos que polo seu poder adquisitivo lle corresponden. 

Cando a persoa egosolidaria é  descuberta, recorre a escusas de mal pagador, que flutúan entre as manidas "eusófagoomeutraballo", "eunonseidenúmeros" e "confiabanosmeusasesores" ata outras máis orixinais (dependendo da capacidade fabuladora de cada individuo) como "a culpa é de ETA".

Sinónimo: autosolidaria-o.

Nota: Na imaxe non aparece máis ca unha pequena mostra de egosolidarios, pois a abundancia desta raza faría inviable unha colleita exhaustiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario