As dúas Marías Coñece a historia das irmás Fandiño |
Son
as dúas en punto
no
reloxo da desmemoria:
pasea
a extravagancia
o
seu afeite de loucura
Compostela
adiante.
É
tempo de empoar as máscaras
coa
brancura da inocencia
e
as cores do teatro,
de
engalanar os corpos
cos
retallos alegres dun outrora optimista:
cando
seren irmás
do
anarquismo non era pecado.
Son
horas de saír á rúa de ganchete,
bordando
amorosas as palabras
para
sentiren na alma piropos do aire
esvaecendo
nos cerebros
propios
e alleos
aldraxes,
rexistros, torturas,
rexistros,
torturas, aldraxes,
torturas,
aldraxes, rexistros,
esquecer
os propios corpos
espidos
na rúa,
os
cranios rapados
á
forza;
a
miudeza escuálida
do
leite con galletas,
a
miseria de perder
a
guerra
e
o traballo,
de
vivir de prestado
nos
ultramarinos da cidade,
de
perder o tellado.
Son
as dúas punto
no
solpor da tarde.
A Churrusqueira
Ningún comentario:
Publicar un comentario