Hoxe quero recomendarvos unha páxina moi interesante sobre botánica que acabo de descubrir: Vai de Flora. Déixovos unhas fotografías e mais o artigo que as acompaña para que vos fagades unha idea do que podedes encontrar se a visitades.
Bartramia pomiformis Hedw.: mazás equilibristas!
Etimoloxía. O nome xenérico está adicado a J. Bartram, un dos primeiros recolectores de briófitos en América do Norte; o epíteto específico “pomiformis” fai referencia ao parecido que ten a cápsula esporofítica cun froito carnoso de tipo “pomo”, como por exemplo a pera ou a mazá.
Trátase dun brión que podemos atopar en relanzos e gretas de rochedo, en posición vertical ou horizontal, tanto en zonas iluminadas como sombrizas, sobre superficies húmidas e sen carbonato cálcico. Tamén crece sobre o solo e en taludes terrosos frescos. Moi chamativa é a súa cápsula esporofítica, que recorda moito a unha pequena mazá verde.
No Barbanza resulta unha especie pouco frecuente, aparecendo principalmente a certa altitude, en zonas frescas e húmidas dos altos da Serra e no interior de certos bosques caducifolios.
A imaxe: val do río Vilacova (A Coruña, Lousame, Vilacova, Comparada), sobre rochas graníticas húmidas no interior de bosque caducifolio mixto (Querco-Fagetea); 21-II-2016.
Ligazón: Vai de Flora
Querid@s amig@s de A Churrasqueira, que grata sorpresa a vosa recensión cibernética! Desde Vai de Flora quixéramos darvos efusivamente as grazas pola vosa amabilidade e boa disposición, e fecilitarvos tamén polo voso blogue! Sinceramente, estámosvos moi agradecidos. Unha forte aperta desde terras barbanzanas, e aquí andamos por se nos precisades. VDF.
ResponderEliminarDesculpade. Un lapsus. Puxemos "A Churrasqueira" cando en realidade sodes "A Churrusqueira". Pois iso, moitas grazas amig@s de A Churrusqueira! Zarampagalegando!!! Saúdos!
ResponderEliminarHahaha! Nin me decatara. Eu son máis de peixe, pero o churrasco tampouco está mal.
Eliminar