Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

luns, 3 de marzo de 2014

Pexas

A asociación ecoloxista Libera denuncia na páxina web http://www.senpexas.info/ o costume cruel e humano (só os humanos son quen de tales vilezas) de pexar cabalos que deberían correr libres polos nosos montes.
A acumulación de iconas con bestas para marcar os lugares denunciados por tal motivo inza o mapa galego, especialmente nas Rías Baixas.
A pesar das denuncias dos particulares, esta práctica aberrante continúa impune a cotío, pola imposibilidade de identificar os propietarios das bestas, que non lles colocan os microchips obrigatorios aos animais.
As pexas variadas (trancas, cadeas, cordas...) non só feren os cabalos, causándolles lesións, senón que tamén lles impiden fuxir en caso de incendio e dificultan o seu paso cando tentan atravesar unha estrada, co conseguinte perigo para os condutores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario