imaxino o furacán en espiral
de nube: remuíño alegre;
rebotes na tarima
de alfombras pobres,
cereixas de verán vermellas,
aplausos e voces,
ruído amarelo de seguidores,
risas alleas curvando a frecha
do lóstrego que azouta a noite.
E cando se apaga o mar
con treboada de alfinetes,
penso nas liñas libres
dos trens que agardan o asubío
para partir cara ao futuro
transportando cativeces
ata a fronteira do infinito.
E cando caen plumas
lánguidas e febles,
renazo no reflexo
do espello ausente.
A Churrusqueira
A Churrusqueira
Ningún comentario:
Publicar un comentario