Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 10 de febreiro de 2016

Para máis inri




O xuíz Ismael Moreno, a petición da Fiscalía da Audiencia Nacional, acaba de ditar unha orde de busca e captura contra o artista alcumado INRI (aka JHS), por incitación ao odio e á violencia por motivos relixiosos, e por apoloxía da tortura e da anorexia.
Descoñécese a identidade do escultor-pintor agochado tras as siglas, mais  a súa obra pode contemplarse en numerosos lugares de acceso público, nomeadamente nos de tipo relixioso.
Segundo os expertos consultados por este medio, a expresividade e o realismo sádico cos que representa a crucifixión dun home escuálido, poden causar trastornos do sono entre os cativos (no mellor dos casos). Noutras ocasións, os espectadores poden desenvolver condutas agresivas contra os seus conxéneres, nun intento de emulación da escena bíblica.
Varias unidades da policía científica xa se desprazaron a diversos lugares da xeografía española, na procura de posibles pegadas dactilares ou rastros de ADN que puidesen conservarse sobre as obras; mais responsables da coordinación dos equipos recoñecen que será difícil discernir as do autor anónimo entre as do numeroso público que entrou en contacto coas pezas durante os últimos anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario