Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

xoves, 28 de xaneiro de 2016

Churrusquenciclopedia. Galeigo


Galeigo: persoa nacida en Galicia que non amosa coñecemento nin respecto polos seus compatriotas nin pola súa terra. A súa ignorancia verbo da propia identidade conduce o individuo galeigo a manifestar condutas contrarias ao interese xeral da súa comunidade. A súa desafección explícita ao enxebre proporciónalle frecuentemente un status privilexiado no hábitat, alentado e promovido desde instancias externas. Non se atopa en perigo de extinción e ten demostrada unha alta capacidade de resistencia fronte aos seus inimigos naturais: a xustiza social e o sentidiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario