Falamos dunha supercepa de grande altura, máis concretamente, dunha cepeira de tres alturas e baixo.
Esta planta de vide é unha supervivente, que sae na procura de luz desde o interior dun edificio, a través dun oco situado na fachada. A curiosidade vexetal elévase, temerariamente, andar sobre andar, ata chegar ao último balcón, onde se bifurca en dúas ponliñas de fertilidade escasa. (Miña pobre!, bastante fai con resistir).
Se quixeres contemplar a imaxe da esquerda en vivo, deberás achegarte á rúa San Lázaro de Monforte de Lemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario