Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

xoves, 29 de maio de 2014

Zospeum tholussum

1 mm de lonxitude
Agochábaste nas covas 
croatas, en Lukina Jama,
a 980 m de profundidade 
e, malia a túa pequenez 
extraordinaria,
non puideches escapar
da pescuda que non para.
Pobre caracol translúcido 
sen nome,
axiña te bautizaron 
con palabras científicas
e estrañas.
Exemplar único,
molusco sen alma, 
cego e case inmóbil, 
sobrevivente nas xélidas 
e turbias augas;
xa non es vivo, 
senón ciencia humana.

                                                                 A Churrusqueira

2 comentarios:

  1. Precioso poema, moi bonito, moi ben feito. Mais ese caracol pouco ten que ver cunha verdadeira ghata abaneándose na puntiña dunha póla. E bueno, se caese tampouco se mancaría moito, que para iso ten
    as vidas esas que din.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ese caracol é unha das especies que se descubriron en 2013. Estaba con sete compañeiriños mortos cando chegaron os científicos. Meu pobre!

      Eliminar