Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 25 de marzo de 2026

Camposanto de Manduas

San Tirso de Manduas é unha parroquia silledense. O seu camposanto ten un tamaño xeitoso, dado que un dos seus lugares é A Bandeira (segundo núcleo urbano do concello). Contén sepulturas, nichos e mesmo unha sala pechada baixo chave que dá á rúa, o que imposibilita observar todos os epitafios do cemiterio.

Curiosidade: un feixiño de inscricións teñen como soporte pezas cerámicas artesás; en galego ou en francés.


Camposanto de Losón

Ceo escamado, vendaval ao rabo. Así estaba o firmamento onte, 24 de marzo, en Santa Baia de Losón, Lalín. No seu cemiterio atopei un feixe de inscricións galegas -trece- de diferentes anos (a máis antiga corresponde cun finado en 1956, o que non quere dicir que a placa se colocase canda o seu pasamento).

Destaco un poemiña sinxelo que acompaña un defunto situado no outeiro, dende onde se enxergan os prados e, ao fondo, o Corpiño. Di así:

Aldeíña onde nacín...

Auguiña da fonte aquela...

soños, medos que sentín...

¡Meu curruncho, miña terra!