Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

venres, 6 de maio de 2016

Bilingüismo harmónico ou rinse de nós e dicimos que chove... Coca-Cola?

Un chío de Helena Villar Janeiro fíxome reparar na xogada de Coca-Cola, en connivencia cos políticos da nosa Xunta para facer coma quen... coma quen normaliza o galego nas empresas. Así, as novas rotulacións nas furgonetas da compañía reservan a letra pequena para o noso idioma, mentres utilizan un enunciado en tamaño grande para expoñer unha frase que nin galega chega a ser, pois comeza cun signo de interrogación nun caso alleo ao que permiten as normas oficiais (que cito literalmente abaixo).


Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega (RAG e ILGa)
7. OS SIGNOS DE INTERROGACIÓN E DE ADMIRACIÓN 
A entoación interrogativa ou exclamativa márcase ao final do enunciado por medio dos signos ? e !, respectivamente: Por que non llelo preguntas ti?; Miraches ben?; Vaia, Tomé, por que non calas?; Vaiche boa!; Mira que non o fagas! Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades poderase indicar o inicio destas entoacións cos signos ¿ e ¡, respectivamente. En todas as linguas as normas de uso do signo de admiración seguen as dadas para o de interrogación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario