Sei o que estás pensando... mais é unha palabra polisémica
venres, 27 de maio de 2016
mércores, 25 de maio de 2016
martes, 24 de maio de 2016
luns, 23 de maio de 2016
Dicionario visual. Recursividade
Samsofy é un artista plástico que utiliza os bonecos de Lego para compor escenas ben simpáticas
domingo, 22 de maio de 2016
luns, 16 de maio de 2016
Dicionario visual. Tirarrollas
Thomas Arvid é un pintor hiperrealista estadounidense especializado no mundo do viño, experto en captar e reproducir os reflexos no líquido e no vidro, as texturas da madeira e da cortiza...
martes, 10 de maio de 2016
Dicionario visual. Pencada-o
Etiquetas:
Amy Robins,
apencada,
apencado,
dicionario visual,
DRAG,
hiperrealismo,
lentixenta,
lentixento,
lingua,
marxada,
marxado,
pencada,
pencado,
pintura
luns, 9 de maio de 2016
domingo, 8 de maio de 2016
Dicionario visual. Pela
Etiquetas:
carapa,
carapela,
casca,
dicionario visual,
DRAG,
hiperrealismo,
lingua,
monda,
Omar Ortiz,
para,
paraza,
pela,
peladura,
pelica,
pintura,
plana,
tona
sábado, 7 de maio de 2016
Non amoles, sé chachi! Blues do País
A versión máis nosa de Don't worry, be happy!, a cargo do dúo Blues do País, que galeguiza temas clásicos do blues e do soul cunha boa dose de retranca.
Bieitta James e Pepe King andan agora ás voltas cun novo proxecto discográfico (Ruta 120), co que podes colaborar en Verkami.
Etiquetas:
Bateas no Mississippi,
Bieitta James,
blues,
Blues do País,
Don't worry be happy,
música,
Non amoles sé chachi,
Pepe Jing,
Ruta 120,
soul
venres, 6 de maio de 2016
Bilingüismo harmónico ou rinse de nós e dicimos que chove... Coca-Cola?
Un chío de Helena Villar Janeiro fíxome reparar na xogada de Coca-Cola, en connivencia cos políticos da nosa Xunta para facer coma quen... coma quen normaliza o galego nas empresas. Así, as novas rotulacións nas furgonetas da compañía reservan a letra pequena para o noso idioma, mentres utilizan un enunciado en tamaño grande para expoñer unha frase que nin galega chega a ser, pois comeza cun signo de interrogación nun caso alleo ao que permiten as normas oficiais (que cito literalmente abaixo).
Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega (RAG e ILGa)
7. OS SIGNOS DE INTERROGACIÓN
E DE ADMIRACIÓN
A entoación interrogativa ou exclamativa márcase ao final do enunciado por medio dos signos ? e !, respectivamente: Por que non llelo preguntas ti?; Miraches ben?; Vaia, Tomé, por que non calas?; Vaiche boa!; Mira que non o fagas! Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades poderase indicar o inicio destas entoacións cos signos ¿ e ¡, respectivamente. En todas as linguas as normas de uso do signo de admiración seguen as dadas para o de interrogación.
A entoación interrogativa ou exclamativa márcase ao final do enunciado por medio dos signos ? e !, respectivamente: Por que non llelo preguntas ti?; Miraches ben?; Vaia, Tomé, por que non calas?; Vaiche boa!; Mira que non o fagas! Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades poderase indicar o inicio destas entoacións cos signos ¿ e ¡, respectivamente. En todas as linguas as normas de uso do signo de admiración seguen as dadas para o de interrogación.
Dicionario visual. Tándem
Se non lembras ben como é o plural desta palabra, premendo sobre a ligazón ao DRAG poderás resolver a túa dúbida.
xoves, 5 de maio de 2016
Rosalía guiando o pobo. As Barxas
Os de Moaña estano petando. Agora, un mural inspirado na famosa obra de Delacroix, A Liberdade guiando o pobo, en modo Rosalía.
Parellas imposibles. Cós/Cos
Xa vedes que en realidade son un trío. Premendo sobre cada ligazón poderedes comprobar as acepcións de cada palabra e a súa pronuncia.
mércores, 4 de maio de 2016
Queremos galego. Obradoiro MúsicasBarxas
Desde Moaña, chegha o ritmo do verán...
Prepárense; corpos, corpiños e corpasos!
Tamén podes acceder ao vídeo desde o seguinte enlace:
luns, 2 de maio de 2016
Dicionario visual. Amarela-o
Segundo o DRAG (podes premer no enlace ao pé da foto para acceder á definición, pronuncia e outros datos), malia ser feminina a palabra "cor", usamos os nomes das cores como substantivos en masculino. Así, na imaxe podemos ver flores amarelas, ou sexa, de cor amarela. No entanto, dicimos que o amarelo lle presta a este campo.
Pingas de Lingua
Pingas de Lingua é un novo recurso en liña para aprendermos un chisco máis de galego mentres nos divertimos. A imaxe que vos deixo é unha captura de pantalla dunha das probas referidas aos verbos que se inclúe no apartado Cacha o erro, pero hai actividades ben variadiñas. Podedes entrar no sitio premendo sobre o enlace ao pé da foto e explorar de voso os xogos ideados por Eva Rosa López Villanueva. Animádevos!
domingo, 1 de maio de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)