Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 2 de abril de 2016

Parellas imposibles. Barrela/Barrilla


Esta parella, como acontece decote, agocha unha orixe común cunha evolución fonética e semántica especializada. A "barrilla" ou "barrilleira" (Salsola kali) contén unha porcentaxe elevada de sales alcalinas ideais para elaborar a sosa coa que se fabrica o xabrón. Nun tempo anterior, a roupa lavábase con cinzas e logo debía coarse (como podemos ver na imaxe); de aí que ese proceso tamén reciba o nome de "facer a coada".  O outro membro da parella, "barrela", foi ampliando as súas acepcións -que podes consultar premendo sobre a ligazón- mediante sucesivos procesos de metonimia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario