Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

martes, 2 de decembro de 2014

Delincuentes!

Fotografía: Cucabomber Free-Art
 Lei 3/1983, DE 15 de xuño, de normalización lingüística
(DOG núm.84 , de 14 de xuño de 1983)
TÍTULO II
Art. 10
1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
2. Corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo concello correspondente.
3. Estas determinacións son as legais a todos os efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización da rotulación pública, respectando en todos os casos as normas internacionais que subscriba o estado

Na imaxe da dereita marquei as incorreccións ortográficas do cartel instalado polo Concello da Coruña. [O letreiro debeu de escribirse en coruño porque nin sequera cumpre as normas da RAE.]
Disque quen rouba a un ladrón ten cen anos de perdón, pero para equipararse cos vándalos da corporación municipal que deseñou o rótulo aínda teñen moito que aprender os graffiteiros. Por exemplo: cobrarlles os sprays aos cidadáns e non pór o diñeiro do seu peto. Inocentes! Aprendede dos mestres. Non vedes que os mangantes (perdón, quixen dicir magnates) do Concello encargaron os paneis (e vai ti saber se non sería a un amigo e obtendo unha comisión polo favor...) co diñeiro dos contribuíntes?
Ai! Aprendices...

Ningún comentario:

Publicar un comentario