Rouko, contra vento e marea |
A Igrexa está cambiando desde que os católicos teñen novo papa. Abonde un exemplo: o arcebispo de Madrid (antano conservador) é o último personaxe en adherirse ao movemento okupa, atrincheirándose no palacio episcopal.
Rouko (antes coñecido como Rouco Varela) non se rende e non renuncia aos seus dereitos (os radicais dirán privilexios): estancias, automóbil, chófer, secretaria e dúas monxas ao seu servizo; mentres o seu sucesor, Osoro, procedente de Valencia, se muda a un convento de relixiosas.
É unha gran lección de dignidade a deste home que non se resigna a ver diminuído o seu nivel de vida tras a xubilación. Sirva o seu exemplo para todas esas persoas novas que se renden e aceptan empregos precarios, moi por debaixo das súas capacidades, que consenten en traballar máis horas das que cobran, e que mesmo están dispostas a emigrar porque non ven futuro no seu país.
Resiste, Rouko!
Ningún comentario:
Publicar un comentario