De todos é sabida a habelencia da femia do cuco para apousentar o seu ovo en niño alleo co fin de que outros fagan o seu traballo. Seguramente por iso o dicionario da RAG recolle como acepción de "cuco": "[Persoa] que se comporta con astucia e habilidade para conseguir os seus obxectivos".
No conflito que as traballadoras da conserveira Cuca manteñen con Garavilla (grupo empresarial vasco que mercou a firma), o TSXG xa lles deu a razón ás mulleres, que teñen dereito a recuperar os seus postos na fábrica de Vilaxoán. No entanto, os cucos de Garavilla obrigan a case un cento de mulleres a desprazarse ao Grove cada día logo de fichar en Vilaxoán.
El será que o espírito da marca se apoderou dos seus directivos?
Ai, o poder das palabras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario