Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

domingo, 16 de novembro de 2025

Camposanto de Mondriz

Colaborando co proxecto Palabra e Memoria impulsado por Modelo Burela, visitamos camposantos alá onde imos para demostrar que, pouco e pouco, a diglosia negadora da propia identidade vai sendo derrubada por familias orgullosas do seu.

O novo cemiterio de Mondriz non se atopa ao carón da igrexa de Santiago coma o vello, xa baleiro, senón algo afastado. Trátase dunha construción sinxela á que se chega atravesando un prado sen asfaltar e que agocha máis dun tesouro: alén dunha porcentaxe elevada de epitafios na lingua de noso; as familias exhiben, orgullosas, os seus oicónimos: os nomes das casas que os identifican.


xoves, 13 de novembro de 2025

"Escape room" da cultura galega

Descubre os libros!

Xoga co acento diacrítico

 

Que lugar se agocha?

Percorre as cuadrículas para descubrir que lugar se agocha pero... ollo!: o tempo corre.

Palabra e Memoria 2

Colaborando co proxecto Palabra e Memoria impulsado por Modelo Burela, visitamos camposantos alá onde imos para demostrar que, pouco e pouco, a diglosia negadora da propia identidade vai sendo derrubada por familias orgullosas do seu.

Recollidas no concello de Piñor, dúas parroquias: San Mamede da Canda e San Xoán de Coiras.

Palabra e Memoria 1

Colaborando co proxecto Palabra e Memoria impulsado por Modelo Burela, visitamos camposantos alá onde imos para demostrar que, pouco e pouco, a diglosia negadora da propia identidade vai sendo derrubada por familias orgullosas do seu.






domingo, 30 de xaneiro de 2022

Dicionario visual: calote

"Calote" e "cálote" non son palabras homófonas, por mor da súa acentuación. No entanto, o xurado do Benidorm Fest conseguiu unilas para sempre no noso imaxinario colectivo.

domingo, 5 de decembro de 2021

Manual do señorito

Como estou facendo un curso de Canva e a derradeira tarefa consiste na elaboración dun vídeo, aquí vos vai o meu primeiro intento: un videoclip co poema de Manuel María versionado por Manoela. 

Se sodes docentes, podedes darvos de alta en Canva co correo de edu.xunta e así teredes acceso á versión PRO, cun amplo banco de datos para traballar.

Manual do señorito


Poema de Manuel María cantado por Manoela de Avelina Pichel Calo