luns, 2 de decembro de 2013

Conto de terror en 34 palabras




A nai emite un berro 
estarrecedor cando atopa o home pendurado da trabe da palleira.
O renxer da soga contra a madeira acouga a nena como un canto de berce.
Esta noite durmirá tranquila.

                     A Churrusqueira

4 comentarios: