domingo, 16 de novembro de 2025

Camposanto de Mondriz

Colaborando co proxecto Palabra e Memoria impulsado por Modelo Burela, visitamos camposantos alá onde imos para demostrar que, pouco e pouco, a diglosia negadora da propia identidade vai sendo derrubada por familias orgullosas do seu.

O novo cemiterio de Mondriz non se atopa ao carón da igrexa de Santiago coma o vello, xa baleiro, senón algo afastado. Trátase dunha construción sinxela á que se chega atravesando un prado sen asfaltar e que agocha máis dun tesouro: alén dunha porcentaxe elevada de epitafios na lingua de noso; as familias exhiben, orgullosas, os seus oicónimos: os nomes das casas que os identifican.

Que lugar se agocha?

Percorre as cuadrículas para descubrir que lugar se agocha pero... ollo!: o tempo corre.

Palabra e Memoria 2

Colaborando co proxecto Palabra e Memoria impulsado por Modelo Burela, visitamos camposantos alá onde imos para demostrar que, pouco e pouco, a diglosia negadora da propia identidade vai sendo derrubada por familias orgullosas do seu.

Recollidas no concello de Piñor, dúas parroquias: San Mamede da Canda e San Xoán de Coiras.

Palabra e Memoria 1