domingo, 20 de setembro de 2020

Dicionario fraseolóxico visual. O que se abriga na folla...

Para expresar a mesma idea temos outra variante: 

A folla, cando enxoita, molla.

sábado, 12 de setembro de 2020

Parellas imposibles. Berlina / Berlinesa

Unha orixe común pode xerar na lingua diferentes palabras, como acontece co topónimo Berlín. Infórmanos o Digalego de que foi na metrópole alemá onde comezaron a fabricarse estas carruaxes. Logo virían os automóbiles de certo tipo que herdaron o nome. Trátase, xa que logo, de epónimos.

Para o xentilicio (e o adxectivo xeral), a lingua escolle sufixos habituais: -és/-esa (-ês/-a; -ense no Estraviz).

Berlina / Berlinesa

venres, 11 de setembro de 2020

Dicionario visual. Anteparo

A palabra *mampara non aparece recollida en ningún dos meus dicionarios de consulta habitual. Velaquí vos deixo unha imaxe e as ligazóns para consultardes as definicións.