Fóra do río. High Paw

A viguesa beirea os "reggaetos" do Morraso e lanza o barquiño da súa letra sen medo ás fervenzas, malia non se soster por dentro... venturoso navegar.

https://www.youtube.com/watch?v=tsjk3kOpZFg

luns, 7 de agosto de 2017

Dicionario fraseolóxico visual. Mesturar allos...

Mesturar allos con bugallos ou confundir allos con cebolas significa non distinguir entre elementos ou temas diferentes.

venres, 4 de agosto de 2017

Dicionario visual. Turistificación


Esta palabra que aínda non recollen os dicionarios galegos que consultei, si aparece no Priberam. Tristemente, responde a unha realidade que vai en aumento, polo que o neoloxismo é necesario.