sábado, 27 de maio de 2017

Dicionario visual. Caderno


O vocábulo usual en galego é caderno; a opción bloque recollina do dicionario da editorial Do Cumio.

domingo, 14 de maio de 2017

Amar pelos dois

A fermosa curta de animación de Ryan Woodward harmoniza á perfección co tema de Luísa Sobral co que o seu irmán, Salvador, acaba de gañar Eurovisión.

https://vimeo.com/207543653

Para velo mellor, podes premer sobre o enlace.

luns, 8 de maio de 2017

Amodiño. De Vacas

Faia Díaz, Paula Romero, Inés Salvado e Guillerme Fernández achégannos a enésima versión do Despacito. Como acontece sempre co grupo De Vacas: voces ben afinadiñas, desvergoña e retranca.