Parellas imposibles. Contorna/Entorno


A primeira persoa do presente de indicativo do verbo "entornar" é "entorno". 

luns, 24 de outubro de 2016

venres, 21 de outubro de 2016

Como eu te amo. Aldaolado

Anos despois das versións de Rocío Jurado e Raphael, o dúo Aldaolado (simbiose comunicativa de Lucía Aldao e María Lado para o ben social) ofrécenos a súa adaptación do tema Como eu te amo por unha boa causa: aprendernos de vez a colocar o pronome átono en galego. 
Quen llo ía dicir a Manuel Alejandro...

martes, 18 de outubro de 2016

Parellas imposibles. Fríxido/Frixido

Tanto importa o acento, que pode converter o frío extremo en calor (logo dunha viaxiña pola tixola).

luns, 10 de outubro de 2016

Parellas imposibles. Se/Si

Se //  Si

Se atopamos o semáforo en vermello, debemos parar; non si?

Parellas imposibles. Cogombro/Pepiño


O primeiro vocábulo fai referencia a unha planta comestible (Cucumis sativus) e mais ao seu froito; o segundo é o diminutivo do hipocorístico Pepe.