sábado, 25 de xuño de 2016

Combo. Blu & David Ellis

O artista nado no Senegal e asentado en Boloña, Blu, e mais o neoiorquino David Ellis xuntáronse para traballar xogando sobre un edificio bonaerense abandonado. Levaban ferramentas, pintura abonda e unha cámara. E tamén moita paciencia para tirar as fotos coas que logo realizarían o magnífico vídeo ao que podedes acceder premendo sobre o enlace ao pé da colaxe.

Dicionario visual. Lapis

O plural de "lapis" é "lapis", por tratrase dunha palabra grave rematada en -s.

martes, 21 de xuño de 2016

Dicionario visual. Esgrima

Desta volta, un dos bonequiños de Samsofy non tiña cartos para o equipamento clásico e combate con agulla e dedil. Quen vencerá?

luns, 20 de xuño de 2016

Parellas imposibles. Tulipa/Tulipán

No caso desta parelliña, o nome do tipo de pantalla para lámpadas provén do nome da flor, pola súa semellanza física.


Parellas imposibles. Delinear/Deliñar

Para coñeceres a sutil diferenza entres estes dous vocábulos que comparten orixe etimolóxica, preme sobre as ligazóns ao rodapé.

venres, 17 de xuño de 2016

xoves, 16 de xuño de 2016

mércores, 15 de xuño de 2016

Dicionario visual. Ducia

A mestría do pintor Charles Bell queda patente nos brillos, a transparencia e os reflexos das súas esferas