venres, 27 de maio de 2016

Dicionario visual. Zoofilia

Sei o que estás pensando... mais é unha palabra polisémica

Dicionario fraseolóxico visual. Saír da casca

Seica ao pitiño de Samsofy xa lle tardaba o día de botarse ao mundo...

Dicionario visual. Cativar

Poderá o faquiriño de Samsofy engaiolar o serpeante dólar coa súa música?

Dicionario visual. Levitar

Samsofy fai levitar a súa astronautiña nunha paisaxe que semella lunar

luns, 23 de maio de 2016

Dicionario visual. Recursividade

Samsofy é un artista plástico que utiliza os bonecos de Lego para compor escenas ben simpáticas

domingo, 22 de maio de 2016

Dicionario visual. Hiperemia

"Hiperemia" é o acertado título deste óleo sobre madeira da artista candense Kit King

luns, 16 de maio de 2016

Dicionario visual. Tirarrollas

Thomas Arvid é un pintor hiperrealista estadounidense especializado no mundo do viño, experto en captar e reproducir os reflexos no líquido e no vidro, as texturas da madeira e da cortiza...

martes, 10 de maio de 2016

Dicionario visual. Pencada-o

Uns simples lapis de cores abóndanlle a Amy Robins para nos engaiolar

Dicionario visual. Bañeira

Lee Price constrúe escenas cotiás hiperrealistas coa técnica do óleo

Dicionario visual. Confeito

Dan ganas de papalo... Outra obra hiperrealista do pintor holandés Tjalf Sparnaay

Dicionario visual. Pela

O mexicano Omar Ortiz homenaxea nesta ocasión unha humilde tona de laranxa

Dicionario visual. Ovo

O artista holandés Tjalf Sparnaay escolle alimentos cotiáns como tema para os seus óleos

sábado, 7 de maio de 2016

Dicionario visual. Sobresaír


Lembra que no DRAG podes consultar a conxugación completa do verbo.

Dicionario visual. Oprimir

Lembra que no DRAG podes consultar a conxugación completa do verbo.

Dicionario visual. Espremer

Lembra que no DRAG podes consultar a conxugación completa do verbo.

Non amoles, sé chachi! Blues do País

A versión máis nosa de Don't worry, be happy!, a cargo do dúo Blues do País, que galeguiza temas clásicos do blues e do soul cunha boa dose de retranca. 


Bieitta James e Pepe King andan agora ás voltas cun novo proxecto discográfico (Ruta 120), co que podes colaborar en Verkami.

venres, 6 de maio de 2016

Bilingüismo harmónico ou rinse de nós e dicimos que chove... Coca-Cola?

Un chío de Helena Villar Janeiro fíxome reparar na xogada de Coca-Cola, en connivencia cos políticos da nosa Xunta para facer coma quen... coma quen normaliza o galego nas empresas. Así, as novas rotulacións nas furgonetas da compañía reservan a letra pequena para o noso idioma, mentres utilizan un enunciado en tamaño grande para expoñer unha frase que nin galega chega a ser, pois comeza cun signo de interrogación nun caso alleo ao que permiten as normas oficiais (que cito literalmente abaixo).


Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega (RAG e ILGa)
7. OS SIGNOS DE INTERROGACIÓN E DE ADMIRACIÓN 
A entoación interrogativa ou exclamativa márcase ao final do enunciado por medio dos signos ? e !, respectivamente: Por que non llelo preguntas ti?; Miraches ben?; Vaia, Tomé, por que non calas?; Vaiche boa!; Mira que non o fagas! Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades poderase indicar o inicio destas entoacións cos signos ¿ e ¡, respectivamente. En todas as linguas as normas de uso do signo de admiración seguen as dadas para o de interrogación.

Dicionario visual. Tándem


Se non lembras ben como é o plural desta palabra, premendo sobre a ligazón ao DRAG poderás resolver a túa dúbida.

xoves, 5 de maio de 2016

Rosalía guiando o pobo. As Barxas

Os de Moaña estano petando. Agora, un mural inspirado na famosa obra de Delacroix, A Liberdade guiando o pobo, en modo Rosalía.

Parellas imposibles. Cós/Cos

Cos  //  Cós

Xa vedes que en realidade son un trío. Premendo sobre cada ligazón poderedes comprobar as acepcións de cada palabra e a súa pronuncia.

mércores, 4 de maio de 2016

Queremos galego. Obradoiro MúsicasBarxas

Desde Moaña, chegha o ritmo do verán... 
Prepárense; corpos, corpiños e corpasos!


Tamén podes acceder ao vídeo desde o seguinte enlace:

Dicionario fraseolóxico visual. Menos dá unha pedra

Con esta expresión demostramos a aceptación do que vén ofrecido, por humilde que sexa.

luns, 2 de maio de 2016

Dicionario visual. Amarela-o


Segundo o DRAG (podes premer no enlace ao pé da foto para acceder á definición, pronuncia e outros datos), malia ser feminina a palabra "cor", usamos os nomes das cores como substantivos en masculino. Así, na imaxe podemos ver flores amarelas, ou sexa, de cor amarela. No entanto, dicimos que o amarelo lle presta a este campo.

Pingas de Lingua

Pingas de Lingua é un novo recurso en liña para aprendermos un chisco máis de galego mentres nos divertimos. A imaxe que vos deixo é unha captura de pantalla dunha das probas referidas aos verbos que se inclúe no apartado Cacha o erro, pero hai actividades ben variadiñas. Podedes entrar no sitio premendo sobre o enlace ao pé da foto e explorar de voso os xogos ideados por Eva Rosa López Villanueva. Animádevos!