venres, 19 de febreiro de 2016

Parellas imposibles. Vocal/Vogal

Vocal  //  Vogal

Unha vez máis, a partir dun étimo común xorden palabras diferentes para dar conta de significados -aínda que próximos- distintos.

xoves, 18 de febreiro de 2016

Parellas imposibles. Sela/Sella

Sela  //  Sella
As selas permítennos montar en bicicleta, mais tamén sobre un animal. Intúes cal?

Parellas imposibles. Aba/Faba

Aba  //  Faba
Para consultar as variadas acepcións da polisémica "aba", preme sobre o enlace.

Dicionario fraseolóxico visual. Ser de faca e callao

Unha persoa de faca e callao ten carácter forte e non dubida en demostralo.

Se queres coñecer un chisquiño máis sobre esta fotografía real, preme AQUÍ.

Parellas imposibles. Flocos de millo/Pombiñas


"Pombiñas" é o diminutivo de "pombas" (o diminutivo non só se aplica para indicar tamaño pequeno, senón tamén, e especialmente, cun valor afectivo).

Á lambetada que asociamos ao cine, nomeámola coa expresión "flocos de millo". Por tratarse dunha palabra composta (mediante substantivo e un complemento), se quixeramos engadirlle un adxectivo, este debería colocarse antes da expresión ou despois, nunca entre o substantivo e o seu complemento. Así, diriamos Gústanme os flocos de millo salgados, e non * Gústanme os flocos salgados de millo.

Parellas imposibles. Elixir/Elixir


O substantivo e o verbo distínguense claramente na fala. Neste caso, temos unha parella de homógrafos non homófonos. Podes consultar a pronuncia (como sempre) no DRAG:

luns, 15 de febreiro de 2016

Parellas imposibles. Camiña/Padiola


"Camiña" é o diminutivo de "cama"Para falarmos das mesas redondas que adoitan cubrirse cunha tea que chega a rentes do chan, utilizamos a expresión "mesa de braseiro".
Se queres ler as definicións no DRAG, preme sobre "angarellas" e "padiola".

Dicionario visual. Acebre

O Gran Dicionario Xerais da Lingua define "acebre" de xeito semellante ao DIGALEGO. Para o DRAG, no entanto, é outra cousa.

Parellas imposibles. Acalar/Acallar


Acalar: Sosegar os ánimos. Silenciar, facer calar.
Acallar: Tocar co pé no fondo sen que a auga cubra o corpo.

Nin o DIGALEGO nin o DRAG recollen o verbo "acallar". As definicións que achego proveñen do Gran Dicionario Xerais da Lingua.

domingo, 14 de febreiro de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. Facer coma quen

Se non encontras a relación entre a expresión lingüística e a foto... volve mirar!

Parellas imposibles. Actuar/Atuar

Actuar  //  Atuar
Se queres saber en que zonas do país usan o pronome persoal "ti" e onde din "tu", preme AQUÍ.

Parellas imposibles. Acobadar/Acovardar


O verbo "acobadar" é pronominal. 
"Acovardar" pode selo ou non. Consulta como muda de significado no enlace ao DIGALEGO.