luns, 23 de novembro de 2015

Rural love

O Leo, coa elegancia e a seriedade que o caracterizan, amósanos o seu lado máis romántico (o posterior) neste videoclip de ambientación bucólica. Locus amoenus, cantigas populares e fonolingüística... alguén dá máis?


Graffiti de Ourense. O monstro e o peón

Non me preguntedes como conseguín o efecto espectral do transeúnte, porque non foi á mantenta... o caso é que o monstro acuático parece divertirse ollando para o viandante fantasma.

sábado, 21 de novembro de 2015

Dicionario visual. Chambonada

Se a lingua reflicte a realidade dos falantes... a abundancia de sinónimos de "chambonada" non di cousa moi boa de nós. Haberá que pórlle máis xeito ao que se fai.

Botica fotografada en Ourense

Dicionario visual. Burga

Burga: Mananacial de auga quente [que adoita ter propiedades medicinais]. Etimoloxía: probablemente dunha voz de creación onomatopeica *gurg-. (Fonte: Gran Dicionario Xerais da Lingua).

Dicionario visual. Cogomelo

Fotografías tiradas na contorna do río Edo ao seu paso por Castro Caldelas

venres, 13 de novembro de 2015

Corina Porro: liberdade de expresión


Altamente recomendable é o artigo de Cibrán en Carta Xeométrica, a teor do fantástico e fantasioso parlamento da presidenta do CES.
Preme sobre a ligazón ao rodapé se ti tamén es un/ha libertario/a e goza co bilingüismo extremo da ínclita dama.

domingo, 8 de novembro de 2015

martes, 3 de novembro de 2015

Buble Gum One no Xuventude Crea 2015

O lugués non abandona a súa musa... e álzase co segundo premio do Xuventude Crea 2015 (déjà vu)

Graffiti. Honey no Xuventude Crea 2015


Os animaliños volven ser protagonistas na obra de Miguel, o mozo baionés ao que coñecín hai un par de anos no Xfest da Estrada. A continuación da alegría cromática canda unha menor abstracción no fondo, conseguen enriquecer a obra, ao concretar o hábitat desta simpática microfauna.

Graffiti. Mon en neon

Cun autorretrato realista a xeito de neon, Mon alzouse co primerio premio do Xuventude Crea 2015

https://www.facebook.com/mondevane/