mércores, 25 de marzo de 2015

Dicionario visual. Reutilizar


Na ligazón de abaixo podes escoitar un tema de Sokram e Hevi no que aparecen os somieres-cancelas

domingo, 15 de marzo de 2015

Je suis Ledicia Costas


O Falo de Vigho fala mal: Ledicia é Ledicia, aquí e no Nepal

domingo, 8 de marzo de 2015

Son nós

Son
a flor
e o toxo.
A onda que golpea
maila pedra na ribeira.
Son 
a Lúa
e as estrelas.
Son o negro
firmamento.
O chan e o teito.
Son a gota
nos teus ollos.
A risa.
O vento
e a camisa.
Treboada en calma.
Son o pozo
e a escaleira.
Si.
Non!
Letras rotundas.
Son eu
e mais
todas as de fóra
dentro,
as miñas eus.
Xuntas:
NÓS.

A Churrusqueira

xoves, 5 de marzo de 2015

A donicela e o picapau



Esta imaxe non está trucada. Trátase dunha instantánea recollida hai uns días polo fotógrafo afeccionado Martin Le-May, durante un paseo polo parque Hornchurch, de Essex.

Seica a famenta e afouta donicela se lanzou sobre o picapau para regalarse cunha boa enchente, mais era moito bocado para corpiño tan pequecho e a ave conseguíu alzar o voo e desprenderse finalmente do seu polisón.

Xa o di o refrán: 
Quen moito enfeixa, pouco ata.

mércores, 4 de marzo de 2015

Xogando coa Lúa en Abuime

De pequena encantábame sentir que a Lúa me seguía sempre, por moito que correse. No luscofusco de hoxe, a Lúa xogou comigo a encarreirarse entre os fíos da luz. Que riquiña!

Dicionario visual. Pechadura

Detalle da porta da igrexa románica de San Martiño da Cova (O Saviñao)


domingo, 1 de marzo de 2015

Eu son Rosalía

Con Voki podes crear avatares dun xeito ben doado e de balde. A versión galega para a locución chámase Carmela. Entra no enlace e experimenta!